mercoledì 24 gennaio 2007

SAVE THE PIGS

Chegan épocas de drama desmesurado alá polo Deza .Porcos, porquiños e porcas degollagos. Caldeiros de callos, grelos, patacas, chourizos, tenreira, garbanzos e por suposto coxo, moito porco cebado (nos pratos digo).
Axudádeme a salvar a
Humphrey e Bogart. Rescateinos dunha granxa lalinense hai agora uns meses. Dádelles cariño e unha mazá. Gústanlle os froitos sensibéis ao tempo. Pero nada de botarlles auga nin tirarlles do rabo, que se poñen tolos. E por suposto, mantede o segredo ou de contado chegará a patrulla de carrozas, charangas e comparsas, para levalos con eles como se da mesmísima Santa Compaña se tratase!

martedì 23 gennaio 2007

Cushing by definition

Son María e son unha teleserieadicta. Para que negalo. Véxoo todo. Non importa a nacionalidade, o tema, o horario. Se me gusta creo unha dependencia irracial e devoro capítulo a capítulo. Aínda sufro os mércores cando non botan Lost. Por favor Neco consegue metadona!Agora, como tantos outros millóns de borreguillos adoro ao Dr. House. Entendo igual ou menos que entendía os capítulos do CSI, tanta palabreja, sempre pensei que mentían, esas enfermidades tan raras e eses casos que só se lles presentan a eles... pensei que o inventaban, total, ninguén o ía notar.
Diagnóstico de hoxe: Cushing. Unha rapaciña de dez anos, obesísima ( non sei se é correcto utilizar o superlativo con esta palabra), con necrononseiké, case morre porque todos pensaban que comía de máis, cando o que tiña era un tumor nunha glándula. Que duro, non?
O tratamento é duro, pero sálvache a vida, así que, que máis se lle pode pedir? O curioso sería que cho diagnosticaran e tratasen durante un ano, para finalmente decatarse que todo foi un erro. Un deses casos inexplicables da ciencia. Eu confío máis na ciencia que nas persoas porque sei que errar É HUMANO, non cuestión química. Non hai culpables nin neglixencias, só algo para lle contar aos amigos, ou para deixar pendurado nunha rede e esperar que ninguén conteste cun caso similar.
Por certo, en House non é que esaxeren un pouquichiño (que tamén), é que buscan do máis raro, a excepción, porque a necrononseiké é un síntoma tan inusual como as coliflores con ganchillo.

mercoledì 17 gennaio 2007

Por quéeeeeeeeeeeeeeeeee? Outra vez non. Pero será. Seino. E logo chega o arrepentimento, e o tempo pasará novamente, e logo, outra vez. Neso consiste a vida? Ou son eu a que quedei atorada nun bucle? Sempre pensei que so feito nin hai que arrepentirse nin repetilo. Tardes eternas nun sofá que se convirten en lembranzas de amigos.
o Pero todo se confabula para que as únicas esperanzas que me quedan sexan as de pensar novamente en pretérito.

giovedì 11 gennaio 2007

grazas polo sorriso

A persoa na que menos confías é a que che arranca un sorriso despois dun día terrible. Fai pensar.
Esquecina tan rápido que nin tempo tiven de chorar. Pero sei que é só o momento, que nada do que se me está pasando pola cabeza podería ser real.

domenica 17 dicembre 2006

Con orde cronolóxica

Ti, os teus catro últimos contactos e unha que tivo que destruír o seu por mor das redes de espionaxe. Grazas por estar. Non oculto o que vos quero e o medo a que vellas historias se puidesen repetir.
Díxenlle a Suso na súa facha ( como mola utilizar as dúas palabras na mesma frase e sen ofender) que fomos para a erriko pq me estivera dando tokes. Despois de iso ao mellor a cirurxía estética podía ser unha opción.
Esta mañá chamáronme desde Italia e tamén desde a Repúbica Independente de DonRamiro. Había casi un mes que non tiña noticias delas. O Nadal está á volta da esquina e xa as vou ver. Pero hai moito do que sentirse culpable.

sabato 16 dicembre 2006

ATENCIÓN - 22 de Nadal

O termo druida significa probablemente "verdadeiro adiviño" e coma eles os Ahau can mai maias ou aqueles aos que Moctezuma II lles tomou a palabra. Adiviños ao fin e o cabo.
Eu non creo que poda ter tantas liñas na historia pero gústame xogar a ser deus. Este ano toca en Santiago o gordo de Nadal, e será case case a miña data de nacemento. Que non? Esperade ao 22. Se vos preguntades se eu comprei o boleto, a resposta e non, así que cada un que pense o que queira. Que interesantes as verdades autoproclamadas.
Realmente, e que quede claro, dame máis medo acertar que que toque no barrio xitano de Calatayud. Que sería de min se iso sucedese? (Acertar refírome) Temería os meus propios soños e iso é a maior desgracia que ninguén pode sufrir.

Tamén hai contos tristes

Da túa mirada a min érguese inmoral un mundo tremendo de pedra,
gris, que non se deixa vencer nin persuadir.
e eu, desfágome. Pasou tanto e tanto quedou atrás que case non podo pensar en todo o que esquecín, intres que imaxinei que eras
e ti, eras o que eu quería e pedíate cun sorriso cómplice.
Perdín tempos e cardinais,
Agora minto porque sei q es certo, que tes tacto, que as miradas terían resposta,
e só os tolos considerarían a miña cordura,
Por iso só son capaz de evitar todo razoamento e calar, agora
sei que te prefería no maxín, ou cun diferente guión e preferiría non saber.
Escribiríate vermello e non te podo escribir.
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet