domenica 28 gennaio 2007

Cousas da relatividade

Todo é relativo, xa o dixo Einstein. E ás veces ata o extremo do absurdo. Nas ecuacións sempre están as variables, eses pequenos detalles que o cambian todo, e que complican os resultados. O problema é cando non todos xogamos coas mesmas variables, e polo tanto, non a todos nos dan a mesmas contas.
Pisar flores non é un detalle bonito, e menos nun campo santo. Ata aí todos de acordo. E é que como me dicía miña nai: eso está moi feo María, cando de pequena ía roubalas ao cemiterio para logo facer ramos e poñelos en xarróns dos de "bote de espárragos" ou "marmelada de laranxa". Pero eran xogos de nenos, así o vían os maiores, aos que no fondo lles facía gracia.
A Audiencia Nacional aplica unha variable algo máis drástica, se cadra inspirada na tensión actual que se está a vivir na esfera do politiqueo, e, nos feitos acontecidos hoxe na tumba de Gregorio Ordoñez ve claramente un acto terrorista. Pisar flores! Unha ameaza real contra a humanidade. Non quero pensar o que lle dirán a Bush por Guantánamo, non? Ou alí non hai flores? Se cadra é a variable...

mercoledì 24 gennaio 2007

SAVE THE PIGS

Chegan épocas de drama desmesurado alá polo Deza .Porcos, porquiños e porcas degollagos. Caldeiros de callos, grelos, patacas, chourizos, tenreira, garbanzos e por suposto coxo, moito porco cebado (nos pratos digo).
Axudádeme a salvar a
Humphrey e Bogart. Rescateinos dunha granxa lalinense hai agora uns meses. Dádelles cariño e unha mazá. Gústanlle os froitos sensibéis ao tempo. Pero nada de botarlles auga nin tirarlles do rabo, que se poñen tolos. E por suposto, mantede o segredo ou de contado chegará a patrulla de carrozas, charangas e comparsas, para levalos con eles como se da mesmísima Santa Compaña se tratase!

martedì 23 gennaio 2007

Cushing by definition

Son María e son unha teleserieadicta. Para que negalo. Véxoo todo. Non importa a nacionalidade, o tema, o horario. Se me gusta creo unha dependencia irracial e devoro capítulo a capítulo. Aínda sufro os mércores cando non botan Lost. Por favor Neco consegue metadona!Agora, como tantos outros millóns de borreguillos adoro ao Dr. House. Entendo igual ou menos que entendía os capítulos do CSI, tanta palabreja, sempre pensei que mentían, esas enfermidades tan raras e eses casos que só se lles presentan a eles... pensei que o inventaban, total, ninguén o ía notar.
Diagnóstico de hoxe: Cushing. Unha rapaciña de dez anos, obesísima ( non sei se é correcto utilizar o superlativo con esta palabra), con necrononseiké, case morre porque todos pensaban que comía de máis, cando o que tiña era un tumor nunha glándula. Que duro, non?
O tratamento é duro, pero sálvache a vida, así que, que máis se lle pode pedir? O curioso sería que cho diagnosticaran e tratasen durante un ano, para finalmente decatarse que todo foi un erro. Un deses casos inexplicables da ciencia. Eu confío máis na ciencia que nas persoas porque sei que errar É HUMANO, non cuestión química. Non hai culpables nin neglixencias, só algo para lle contar aos amigos, ou para deixar pendurado nunha rede e esperar que ninguén conteste cun caso similar.
Por certo, en House non é que esaxeren un pouquichiño (que tamén), é que buscan do máis raro, a excepción, porque a necrononseiké é un síntoma tan inusual como as coliflores con ganchillo.

mercoledì 17 gennaio 2007

Por quéeeeeeeeeeeeeeeeee? Outra vez non. Pero será. Seino. E logo chega o arrepentimento, e o tempo pasará novamente, e logo, outra vez. Neso consiste a vida? Ou son eu a que quedei atorada nun bucle? Sempre pensei que so feito nin hai que arrepentirse nin repetilo. Tardes eternas nun sofá que se convirten en lembranzas de amigos.
o Pero todo se confabula para que as únicas esperanzas que me quedan sexan as de pensar novamente en pretérito.

giovedì 11 gennaio 2007

grazas polo sorriso

A persoa na que menos confías é a que che arranca un sorriso despois dun día terrible. Fai pensar.
Esquecina tan rápido que nin tempo tiven de chorar. Pero sei que é só o momento, que nada do que se me está pasando pola cabeza podería ser real.
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet