martedì 27 febbraio 2007

Un día neutral. E agora que?

giovedì 22 febbraio 2007

Hoxe un pouquiño máis

Había moito tempo q non sentía esa estraña sensación na gorxa de conter as bágoas. Nin os pulmóns a rebentar de respirar fondo para coller aire. Nin os espasmos ao inspirar.

Son unha covarde porque esta é unha carta á que non lle sei poñer destinatario. Outros falan cos mortos ou rezan. Eu máis friamente pendúroo para autoconvencerme de que o estou facendo ben, cando en realidade sei q xamáis chegará aos oídos de quen ten q chegar.

Acaso me portei mal? Acaso lle fixen dano a alguén? Pode ser que a indiferencia sexa unha arma letal pero outros utilizárona e eu fun a única castigada. Non quero confíar nunca en ninguén máis porque teño demasiadas dúbidas de poder manter esa promesa. Unhas xa non están e outras marchamos coa horrible sensación de ter borrado seis ou sete anos das nosas vidas. E é ese o único recordo que manteño, e non quero sustituílo nin acompañalo. Eu tamén deixei de existir naquel mesmo intre e non permito que nada cambie de lugar. Aí si que non transixo. Dádeme tamén por morta se así me podedes perdoar, pero non me fagades sentir culpable por ser tan fría e sinceira, vos non merecedes nada máis de min.

Sempre fun a pinga de aceite que non se dilue na auga pq ela mesma tende a marxinarse. Agora invádenme os celos, a soedade e a incertidume. Case me atrevería a dobregarme por un pecado que non cometín pero polo q se me dictou sentencia sen nin se quera mo comunicar. Máis perdida que Kafka co seu proceso entre dous mundos incompatibles non que non atopo un bo posto para ficar.

No fondo dígovolo claro, que vos dean, hoxe só me apetece odiarvos un pouco máis.

venerdì 9 febbraio 2007

Cando vou ao cine un mércores pola noite

O que máis odio:
  1. O vento
  2. O frío
  3. A choiva

Creo q por esa orde, aceptando modificacións entre o primeiro e o segundo.

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet