venerdì 7 marzo 2008

Arte e reivindicación

As pintadas ou murais son un acto reivindicativo. A arte é reivindicativa. Sobre a arte se constrúe e deconstrúe o noso presente e futuro. Insistir en pechala entre catro paredes, por moi innovadora que sexa a súa arquitectura é enganarnos e contibuír ao illacionismo da base do pensamento. Ante unha pintada ou mural a nosa reacción é de desprezo e intolerancia. Non nos cuestionamos o seu significado porque non somos capaces de superar a violencia do conformismo.Un esforzo maior pola nosa parte contribuiría a unha visión alternativa dos feitos. Cada acto de reivindicación agocha detrás unha denuncia social. Se cadra, sen unha pintada xa ninguén repararía en que entre as históricas pedras de Compostela tamén se agochan históricas cuestións sen resolver. A rúa é, polo tanto, un espazo alternativo de encontro e denuncia.
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet