giovedì 11 ottobre 2007

O.O

Non me mires así, que nos contradicimos!!!

Puag, (jjejee río soa)...ummmm.ta bem,

hipercorticoides e moita intención. cando algo é, é, négueste ou che falte a iniciativa, ou che sobre, ou non saibas que estás a facer con eses pedestais. E logo te lebras de cantas veces te tes equivocado... Pero sabes, ignoras, móvome cos compases e vou ben

vou ben

domenica 23 settembre 2007

PREFERIRÍA DICIR QUE PASO DE TODO, PERO NON É ASÍ

estou... farta¿=? de tanto si e tanto non, e tanto se cadra. Teño feridas nos meñikes dos pés,
pq tanto camiñar no aire manca
entendes pq me enredo nos meus paseos? sen destino final
nas veas polución, e recoñezo que ás veces só ti me fas rir, con un poema e un chupi
con calquera cousa que non entendo pq
coas profecías autocumplidas,
. . .[que de chegar á súa fin, rematarían coa nosa insistencia]
Asío que déitome entre flores cada día
para escurecer as lembranzas
......................................e pensar só, no que pode ser.

mercoledì 19 settembre 2007

Xa o dixo un xenio, eu simplemente non o traduzo

I celebrate myself, and sing myself,
And what I assume you shall assume,
For every atom belonging to me as good belongs to you.

sei escribir nas portas dun armario
pero prefíro facelo en celulosa pontevedresa, ou en calquera caderno roto.

venerdì 14 settembre 2007

(((Entre parénteses)))

Tempos obtusos. Discutes, deduces e reduces, e falas e flirteas coa farlopa negra, até morrer de insitencia, até morrer de seducción.

Cantas historias por almacenar no dislocado disco duro. Pero comezo a pensar que Salvaterra está a marcar un antes e un despois nesta voráxine absurda de nocturnidade e socioloxía. Ou se cadra todo comezou hai xa 4 anos?

Por certo, COHERENCIA, só digo iso. A quen se lle ocorra darse por aludid@, que o pense ben, somos os únicos responsables dos nosos actos.

E polo resto, aquí me atopo, entre parénteses e suspensa nos puntos do meu conflicto.

lunedì 3 settembre 2007

Lo malo es ni darse cuenta

Todo volve a Compostela, de xeito reiterativo e improbablemente orixinal
nós trouxemos o sol do Miño,
empapado en aires do sur, que como cada ano, alguén vai pescar na beira con Portugal

Portugal é máis chá, e non hai casas con vivos, hai casas baleiras e anuncios de súper bock,
iso seino, porque toda verdade é relativa

Así, é relativo ou reiterativo, que como cada ano cheguen os estudantes a Compostela, a golpe de intentonas académicas por aprobar un puto exame que no seu momento tería que telo levado a comisión, como os outros 51.

É máis ou menos parcial, porque desta eu non marchei, e levo dous meses atrapada entre a pedra e o sol. Entre as ganas de marchar e o síndrome de Estocolmo. Entre as ansias e a pasividade de que chegue a min iso que agardo aínda que non teño moi claro que quero que chegue

Unha mirada solta, un sorriso na rúa. Boto de menos o que aínda non perdín. Pero añoro algo que nunca tiven e soíña imaxinei.

E se fico, que? Tardes na Quintana? Tardes coa Lidia escribindo con cores en folios en branco. Escribindo todo o día en pantallas en branco con liña de crédito. Paseando con Xela e a súa bici? Que pasa se fico? Acaso o fago porque non sabería marchar?

Medo teño, pero asústanme tamén as pantasmas de Santiago. As que se agochan entre as mesas da biblioteca, e nos bares pola noite, e nas rúas de madrugada. Porque ao final sempre somos os memos, e xa vou tendo ganas de que, de improviso, alguén me pregunte, a ti que che gusta facer?

mercoledì 29 agosto 2007

Aviso, tengo un alma cargada

Veleno non é nada:
-veleno é todo-
depende da dose.

lunedì 27 agosto 2007

Cuestión de incertidume

Monólogo en Ultreia, máis alá da materia prima

-hoxe que?.hoxe disimulo que sigo akí.
e fago cos meus dedos espirais confusas
tiradas de cor
mentres o abatemento invade as poucas ganas que teño de aprender o sentido da "producción de noticias", que chegado un punto, xa me da igual

apégaseme o vestido
fulmíname a suor
teño as pernas tapizadas co sofa e a computadoramm kéceme o resto do corpo

todo se cuestiona, acostumados a valorar, a poñer en trámites os nosos actos
hoxe todas choran e eu non entendo que nos pasa
porque, non chegamos ao ocaso, estamos no punto de partida
nerviosos polas circunstancias, iso sí

porque temos demasiadas asignaturas que cumprir, e non resistimos a nosa capacidade a autodestrucción

cuestión de incertidume
é obvio
que contribúo incesantemente ao caos
pero isa foi a xénese

fagan vostedes o mesmo,
eskiven as explicacións con "pores" e "paras"
e disfruten dos seus pecados
porque hai pecados que non se deben desperdiciar


se cadra mañá todo isto é unha historia que contar

(A Chabe sáeselle unha zapatilla mentres canta e eu repito, I heard there was a secret chord, that David played and pleased the lord, e como sempre, invento letra)

venerdì 24 agosto 2007

Ondas do mar de Vigo... a resaca é dura

Marchades todas
Vera: New York (looking for Kevin Brown e cinsas dun puro en Wall Street)
Ale: Liverpool (red boys) e logo A Cruña (meu deus!)
Paula: París (je ne parles pa Fracés!)
Jacinta: Berlín e Río (Jío para os de alí)
Rakel: Barna (con ou sen min?)
Belémmm: Praha (ireite ver superando a miña fobia ao frío)
María: Grecia (ireite ver superandoa miña fobia ao mar)
Adela e Barbi: La France (ao mellor debería ir tomando unhas clases...)

E a min, realmente, non me importa irme ou kedar, pq sei q o ke hai fora é bo, pero o que keda akí tamén é xenial. Só kero q Compostela se expanda e chegue ata alí onde esteades vós, pq as fronteiras poñemolas nós.

mercoledì 22 agosto 2007

onte foi así

cada unha das teklas que acabo de pulsar arrancóume unha pegada que acabará por emborronarse.

demasiados detalles dos que non somos conscientes ao longo dun día, cando te queres dar conta podes ter un peixe derretido na mochila ou estar berrándolle a unha loira de rizos que os lentes fashion que acaba de mercar quédanlle moi ben.

Cousas, xa o dixo alguén

martedì 21 agosto 2007

hoxe: epilepsia bipolar

Chega chega chega..........chegou
mmmm de incertidume, e agora que

variables, variabeis, posibilidades

tanto por decidir, levo billete de ida, séneca,
pero ninguén me pregunta pola volta

onde, cando, porqué

quen? eu
como? de momento coma sempre, tola (rara, orixinal)

As pedras de compostela, as murallas cara o ceo
o Sar, o mar
(nunca vin o sar) (e a auga está fría)

O Condado? O Avante en Portugal?

Barcelona? Calquera outra opción?

Dor de enxibias, dor intestinal dos nervios.

Recomeza, reinicia, sen punto final. Agardo saber algo, agardo por fin deixar de agardar
e esquecerme dos pés de funambulista.

lunedì 13 agosto 2007

Cada día véxoo tomando un café
só, ou se cadra non

en Cervantes e eu observando


se cadra nós somos os únicos senlleiros, solitarios, chamádelle como vexades
o diánostico non varía segundo a denominación

Tolo?

Tola quixer ser eu, ser tolos
estar vivos
saber pensar e crer

e ninguén ocultará nunca a súa mirada, porque el non entende
a min mentres míranme de esguello
con descaro

a pregunta é doada. cal é opción é se é k a hai

domenica 12 agosto 2007

Bucles

áO fin Ao cabo
todo é un tremendo bUcle.

e eu aí, in the mIddle of the street,
like always,
facendo nada, deixando o tempo pasar.

agardándovos.

agardándotE (aínda que non te coñeza, e non te queira coñecer)

e vai e vén.
unha guerra fría interior.


...cuestionémonos...

mercoledì 18 luglio 2007

Fechado el día que no supe responderme a mí misma porqué me palpitaba la mirada si la dirigía más allá de mis pensamientos

No guío ni dirijo, me acerco a mi futuro vagando a la deriva. Y el rumbo varía a cada compás. Son tantas sensaciones que no tienen descripición si no se han vivido antes. Son tantos los sentimientos que subyacen en un compás de 2/4 que entona tu nombre que me quedo en blanco sin saber qué teclas para acabar el texto.

Probablemente ni a mi me importe, sólo me gusta abusar de las cargas connotativas de cada mirada.

Parece que he aprendido a escribir por párraofos, que la piedra del suelo quema aún en estas tarde de decadencia. Me he quedado sorda y ya no oigo voces, ni "a veces", porque la pista terminó, cierran el ciber y yo me tendré que ir a casa con las ganas de contarle a alguien lo que ya sabemos: que a veces el mundo me supera, que la felicidad y la nostalgia se combinan día y noche en mi cuerpo para vestirme de princesa. Y echo de menos tantas cosas... y quiero que lleguen momentos que no permito cuajar.

Algo pasa, que mi discurso se ha nublado y no hablo sino escupo lo que por la mente me pulula. Y así doy buena cuenta de que soy tan YO como mis propias palabras.

Y, (otro y, y muchos más), la voz atronadora que siento dentro no me ayuda a concluír sino a no cesar y confiar en que quizá hoy, quizás cuando el mundo se sienta preparado para mí, el suelo dejará de modular temores para volverse firme y seguro.

lunedì 18 giugno 2007

Vientos del pueblo

De nuevo quieren manchar
mi tierra con sangre obrera
los que hablan de libertad
y tienen las manos negras
los que quieren dividir
a la madre du sus hijos
y quieren reconstruir
la cruz que arrastrara Cristo.

Quieren ocultar la infamia
que legaron desde siglos
pero el color de asesinos
no borrarán de su cara
ya fueron miles y miles
los que entregaron su sangre
y en caudales generosos
multiplicaron los panes.

Ahora quiero vivir
junto a mi hijo y mi hermano
la primavera que todos
vamos construyendo a diario
no me asusta la amenaza
patrones de la miseria

La estrella de la esperanza
continuarán siendo nuestra.

Vientos del pueblo me llaman
vientos del pueblo me llevan
me esparcen el corazón
y me avientan la garganta
así­ cantará el poeta
mientras el alma me suene
por los caminos del pueblo
desde ahora y para siempre.

domenica 17 giugno 2007

en proceso de metamorfose

Que pouco falta xa para que todo cambie. Da facultade ao traballo, de Pelamios a San Pedro, dos 21 aos 22 e todo en grata compaña. XD QUE CAMBIE TODO PERO QUE NON CAMBIE NADA!

mercoledì 13 giugno 2007

Non digas normal. A diferencia marca a identidade e a identidade vén marcada por esa ruptura coa norma. Se preciso camiñar núa para marcar a diferencia fareino, pero négome a ser un máis, que perde a súa esencia en non significar nada. O que pensemos, o que fagamos debe ser especial, porque a continuidade por sinerxia non nos serve. Non falo de amor, falo da xenialidade do ser.

Todos diferentes e iguais. Peculiares nun canasto cheo de madexas, vermellas, azuis, verdes...


Ti fuches diferente e iso é o que che fai especial.

martedì 12 giugno 2007

Tanto queda como nada, e nada é todo chegado este punto no que a incerteza abrangue todo e deixa claro que do meu futuro non sei nada.

Non quero falar en alto das cousas que se besbellan na miña corrente sanguínea, pero se non as digo, que vai ser de nós?

Nin Cicerón
Nin Aristóteles
Nin María
Falo complexo pq falan as entrañas, agora escrupulosamente viscerais

venerdì 27 aprile 2007

"Centenares de manifestantes porrusos se manifestaron anoche en las calles de Tallín para protestar contra la retirada del monumento. Al menos una persona resultó muerta (tras ser hospitalizada) y 43 heridas en el transcurso los enfrentamientos con las fuerzas antidisturbios."

domenica 22 aprile 2007

14 mortos e 90 feridos en Irak. Dobre atentado

sabato 3 marzo 2007

Primo di maggio

Falta menos... Concerto del primo di maggio a Roma 2006.
Unha pizza napolitana, un xeado de Trastevere, un capuccino de verdade e un cafe del nonno!

venerdì 2 marzo 2007

Euskadi


Con aretes, pelo curto por diante e largo por detrás. Prototipo idealizado. Non todos son vascos nin todos os vascos son bretóns!

Paseino xenial nos alás, tan ben que foi duro volver, pero aquí tamén teño moito que botar de menos.

martedì 27 febbraio 2007

Un día neutral. E agora que?

giovedì 22 febbraio 2007

Hoxe un pouquiño máis

Había moito tempo q non sentía esa estraña sensación na gorxa de conter as bágoas. Nin os pulmóns a rebentar de respirar fondo para coller aire. Nin os espasmos ao inspirar.

Son unha covarde porque esta é unha carta á que non lle sei poñer destinatario. Outros falan cos mortos ou rezan. Eu máis friamente pendúroo para autoconvencerme de que o estou facendo ben, cando en realidade sei q xamáis chegará aos oídos de quen ten q chegar.

Acaso me portei mal? Acaso lle fixen dano a alguén? Pode ser que a indiferencia sexa unha arma letal pero outros utilizárona e eu fun a única castigada. Non quero confíar nunca en ninguén máis porque teño demasiadas dúbidas de poder manter esa promesa. Unhas xa non están e outras marchamos coa horrible sensación de ter borrado seis ou sete anos das nosas vidas. E é ese o único recordo que manteño, e non quero sustituílo nin acompañalo. Eu tamén deixei de existir naquel mesmo intre e non permito que nada cambie de lugar. Aí si que non transixo. Dádeme tamén por morta se así me podedes perdoar, pero non me fagades sentir culpable por ser tan fría e sinceira, vos non merecedes nada máis de min.

Sempre fun a pinga de aceite que non se dilue na auga pq ela mesma tende a marxinarse. Agora invádenme os celos, a soedade e a incertidume. Case me atrevería a dobregarme por un pecado que non cometín pero polo q se me dictou sentencia sen nin se quera mo comunicar. Máis perdida que Kafka co seu proceso entre dous mundos incompatibles non que non atopo un bo posto para ficar.

No fondo dígovolo claro, que vos dean, hoxe só me apetece odiarvos un pouco máis.

venerdì 9 febbraio 2007

Cando vou ao cine un mércores pola noite

O que máis odio:
  1. O vento
  2. O frío
  3. A choiva

Creo q por esa orde, aceptando modificacións entre o primeiro e o segundo.

domenica 28 gennaio 2007

Cousas da relatividade

Todo é relativo, xa o dixo Einstein. E ás veces ata o extremo do absurdo. Nas ecuacións sempre están as variables, eses pequenos detalles que o cambian todo, e que complican os resultados. O problema é cando non todos xogamos coas mesmas variables, e polo tanto, non a todos nos dan a mesmas contas.
Pisar flores non é un detalle bonito, e menos nun campo santo. Ata aí todos de acordo. E é que como me dicía miña nai: eso está moi feo María, cando de pequena ía roubalas ao cemiterio para logo facer ramos e poñelos en xarróns dos de "bote de espárragos" ou "marmelada de laranxa". Pero eran xogos de nenos, así o vían os maiores, aos que no fondo lles facía gracia.
A Audiencia Nacional aplica unha variable algo máis drástica, se cadra inspirada na tensión actual que se está a vivir na esfera do politiqueo, e, nos feitos acontecidos hoxe na tumba de Gregorio Ordoñez ve claramente un acto terrorista. Pisar flores! Unha ameaza real contra a humanidade. Non quero pensar o que lle dirán a Bush por Guantánamo, non? Ou alí non hai flores? Se cadra é a variable...

mercoledì 24 gennaio 2007

SAVE THE PIGS

Chegan épocas de drama desmesurado alá polo Deza .Porcos, porquiños e porcas degollagos. Caldeiros de callos, grelos, patacas, chourizos, tenreira, garbanzos e por suposto coxo, moito porco cebado (nos pratos digo).
Axudádeme a salvar a
Humphrey e Bogart. Rescateinos dunha granxa lalinense hai agora uns meses. Dádelles cariño e unha mazá. Gústanlle os froitos sensibéis ao tempo. Pero nada de botarlles auga nin tirarlles do rabo, que se poñen tolos. E por suposto, mantede o segredo ou de contado chegará a patrulla de carrozas, charangas e comparsas, para levalos con eles como se da mesmísima Santa Compaña se tratase!

martedì 23 gennaio 2007

Cushing by definition

Son María e son unha teleserieadicta. Para que negalo. Véxoo todo. Non importa a nacionalidade, o tema, o horario. Se me gusta creo unha dependencia irracial e devoro capítulo a capítulo. Aínda sufro os mércores cando non botan Lost. Por favor Neco consegue metadona!Agora, como tantos outros millóns de borreguillos adoro ao Dr. House. Entendo igual ou menos que entendía os capítulos do CSI, tanta palabreja, sempre pensei que mentían, esas enfermidades tan raras e eses casos que só se lles presentan a eles... pensei que o inventaban, total, ninguén o ía notar.
Diagnóstico de hoxe: Cushing. Unha rapaciña de dez anos, obesísima ( non sei se é correcto utilizar o superlativo con esta palabra), con necrononseiké, case morre porque todos pensaban que comía de máis, cando o que tiña era un tumor nunha glándula. Que duro, non?
O tratamento é duro, pero sálvache a vida, así que, que máis se lle pode pedir? O curioso sería que cho diagnosticaran e tratasen durante un ano, para finalmente decatarse que todo foi un erro. Un deses casos inexplicables da ciencia. Eu confío máis na ciencia que nas persoas porque sei que errar É HUMANO, non cuestión química. Non hai culpables nin neglixencias, só algo para lle contar aos amigos, ou para deixar pendurado nunha rede e esperar que ninguén conteste cun caso similar.
Por certo, en House non é que esaxeren un pouquichiño (que tamén), é que buscan do máis raro, a excepción, porque a necrononseiké é un síntoma tan inusual como as coliflores con ganchillo.

mercoledì 17 gennaio 2007

Por quéeeeeeeeeeeeeeeeee? Outra vez non. Pero será. Seino. E logo chega o arrepentimento, e o tempo pasará novamente, e logo, outra vez. Neso consiste a vida? Ou son eu a que quedei atorada nun bucle? Sempre pensei que so feito nin hai que arrepentirse nin repetilo. Tardes eternas nun sofá que se convirten en lembranzas de amigos.
o Pero todo se confabula para que as únicas esperanzas que me quedan sexan as de pensar novamente en pretérito.

giovedì 11 gennaio 2007

grazas polo sorriso

A persoa na que menos confías é a que che arranca un sorriso despois dun día terrible. Fai pensar.
Esquecina tan rápido que nin tempo tiven de chorar. Pero sei que é só o momento, que nada do que se me está pasando pola cabeza podería ser real.
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet