domenica 28 gennaio 2007

Cousas da relatividade

Todo é relativo, xa o dixo Einstein. E ás veces ata o extremo do absurdo. Nas ecuacións sempre están as variables, eses pequenos detalles que o cambian todo, e que complican os resultados. O problema é cando non todos xogamos coas mesmas variables, e polo tanto, non a todos nos dan a mesmas contas.
Pisar flores non é un detalle bonito, e menos nun campo santo. Ata aí todos de acordo. E é que como me dicía miña nai: eso está moi feo María, cando de pequena ía roubalas ao cemiterio para logo facer ramos e poñelos en xarróns dos de "bote de espárragos" ou "marmelada de laranxa". Pero eran xogos de nenos, así o vían os maiores, aos que no fondo lles facía gracia.
A Audiencia Nacional aplica unha variable algo máis drástica, se cadra inspirada na tensión actual que se está a vivir na esfera do politiqueo, e, nos feitos acontecidos hoxe na tumba de Gregorio Ordoñez ve claramente un acto terrorista. Pisar flores! Unha ameaza real contra a humanidade. Non quero pensar o que lle dirán a Bush por Guantánamo, non? Ou alí non hai flores? Se cadra é a variable...
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet