venerdì 14 settembre 2007

(((Entre parénteses)))

Tempos obtusos. Discutes, deduces e reduces, e falas e flirteas coa farlopa negra, até morrer de insitencia, até morrer de seducción.

Cantas historias por almacenar no dislocado disco duro. Pero comezo a pensar que Salvaterra está a marcar un antes e un despois nesta voráxine absurda de nocturnidade e socioloxía. Ou se cadra todo comezou hai xa 4 anos?

Por certo, COHERENCIA, só digo iso. A quen se lle ocorra darse por aludid@, que o pense ben, somos os únicos responsables dos nosos actos.

E polo resto, aquí me atopo, entre parénteses e suspensa nos puntos do meu conflicto.
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet