sabato 16 dicembre 2006

ATENCIÓN - 22 de Nadal

O termo druida significa probablemente "verdadeiro adiviño" e coma eles os Ahau can mai maias ou aqueles aos que Moctezuma II lles tomou a palabra. Adiviños ao fin e o cabo.
Eu non creo que poda ter tantas liñas na historia pero gústame xogar a ser deus. Este ano toca en Santiago o gordo de Nadal, e será case case a miña data de nacemento. Que non? Esperade ao 22. Se vos preguntades se eu comprei o boleto, a resposta e non, así que cada un que pense o que queira. Que interesantes as verdades autoproclamadas.
Realmente, e que quede claro, dame máis medo acertar que que toque no barrio xitano de Calatayud. Que sería de min se iso sucedese? (Acertar refírome) Temería os meus propios soños e iso é a maior desgracia que ninguén pode sufrir.

Tamén hai contos tristes

Da túa mirada a min érguese inmoral un mundo tremendo de pedra,
gris, que non se deixa vencer nin persuadir.
e eu, desfágome. Pasou tanto e tanto quedou atrás que case non podo pensar en todo o que esquecín, intres que imaxinei que eras
e ti, eras o que eu quería e pedíate cun sorriso cómplice.
Perdín tempos e cardinais,
Agora minto porque sei q es certo, que tes tacto, que as miradas terían resposta,
e só os tolos considerarían a miña cordura,
Por iso só son capaz de evitar todo razoamento e calar, agora
sei que te prefería no maxín, ou cun diferente guión e preferiría non saber.
Escribiríate vermello e non te podo escribir.
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet