sabato 25 novembre 2006

Financiando a destrucción e piercings varios

Nós finaciamos:
vixilas nos espazos ateigados (por se algún non sabe entonar).


Nós pagamos:
para que silencien os berros contra a indiferencia.

E eles cobran:
Por petar, abusar, insultar, humillar e liberar endorfina nazi co explícito consentimento das leis.

martedì 21 novembre 2006

Alporizadísima with Borja Mari

E non me quere cambiar o nome? Eu pensei q ía poñer algo tipo Trosky ( aínda q ise é un dos nosos nove cans), pero non. Nós puxémoslle Borja Mari pq a Peter Punk ocorreúselle que eran as iniciais B.M. like Bob Marley, pero il nunca kixo q lle chamasemos así. E agora, en vez de poñerse piercings como os seus irmáns, ter plantacións de maria no baño ou aprender a facer trenzas de coiro, noooon, kere cambiar o nome: pór Borja Mary con i grego ao final!

Internete ceive e outras cousas serias. O meu fillo Borja Mari.

Peter Punk, mallas con ribetes dourados. Cariño ponte las mallas de fiesta que vamos a conocer a mis padres. Mallas con puntilla para a noite de vodas. E os churumbeliños con pekenas mallas do Stradivarius, piccolo Borja Mari comprou un polo de Lacoste ( q Ralf Lauren e comunista) coa paga que lle din. Eu sigo ensaiando coa miña frauta, que xa sei tres canciós e estou en racha. O amigo hippy vennos visitar pero eu xa non toco máis que ise kéreme copiar as pezas e logo ponse na praza do lado en plan competencia desleal. Unha desilusión, o pekeno Borja Mari di que as Converse lle cheiran mal e que non as kere, e onte pilleino no baño intentando kitar as rastas. Grazas a Bakunin q as ten ben liadas e non puido. É duro ser nai destas novas xeraciós...

lunedì 20 novembre 2006

Sete tipos de branco

Hoxe ulín algo que nunca antes entrara nas miñas pituitarias, así que aínda non estou morta, queda vida se a gama non se agota.
De pequena soñaba con inventar unha nova cor, algo inimaxinable que non fose producto de combinacións senón unha verdadeira revolución. Despois descubrín que o noso ollo ten unha capacidade limitada, e que só podemos diferenciar X cores porque biolóxicamente non estamos preparados para máis.
Agora só soño cunha verdadeira revolución,
aínda que os esquimós diferencien sete tipos de branco.

Canto a min mesmo

I celebrate myself, and sing my self
and what I assume you shall assume,
for every atom belonging to me as good belongs to you.

Walt Whitman

Non se ve ben senón é co corazón.

O esencial é invisíbel aos ollos.



Antoine de Saint-Exupéry

NON É BO

Estar calado.
Moito tempo despois, e abandonando as
rutinas, destiñada ao bite-surrealismo ou mega-bite surrealismo, segundo a
inspiración do día, digo que de agora en diante non calo e vos agasallo co único
que sei facer, sexa ben ou mal.

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet