martedì 23 gennaio 2007

Cushing by definition

Son María e son unha teleserieadicta. Para que negalo. Véxoo todo. Non importa a nacionalidade, o tema, o horario. Se me gusta creo unha dependencia irracial e devoro capítulo a capítulo. Aínda sufro os mércores cando non botan Lost. Por favor Neco consegue metadona!Agora, como tantos outros millóns de borreguillos adoro ao Dr. House. Entendo igual ou menos que entendía os capítulos do CSI, tanta palabreja, sempre pensei que mentían, esas enfermidades tan raras e eses casos que só se lles presentan a eles... pensei que o inventaban, total, ninguén o ía notar.
Diagnóstico de hoxe: Cushing. Unha rapaciña de dez anos, obesísima ( non sei se é correcto utilizar o superlativo con esta palabra), con necrononseiké, case morre porque todos pensaban que comía de máis, cando o que tiña era un tumor nunha glándula. Que duro, non?
O tratamento é duro, pero sálvache a vida, así que, que máis se lle pode pedir? O curioso sería que cho diagnosticaran e tratasen durante un ano, para finalmente decatarse que todo foi un erro. Un deses casos inexplicables da ciencia. Eu confío máis na ciencia que nas persoas porque sei que errar É HUMANO, non cuestión química. Non hai culpables nin neglixencias, só algo para lle contar aos amigos, ou para deixar pendurado nunha rede e esperar que ninguén conteste cun caso similar.
Por certo, en House non é que esaxeren un pouquichiño (que tamén), é que buscan do máis raro, a excepción, porque a necrononseiké é un síntoma tan inusual como as coliflores con ganchillo.
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet