venerdì 1 dicembre 2006

Onte vino

Alí estaba el, nas portas dun mítico bar compostelán de guerilleiros, coa ollada perdida. Cresta lixeiramente ladeada, cubrindole parte da mirada. Esa mirada paranoica coa que me conkistou. O seu canciño tamén alí (por iso non entrou no Maikar) cheo de cadeas e xogando con outros cans como nun patio de colexio.
Punki-punki mallas,
comprei uns Leggins chachis pensando en ti,
dinlle do meu bocata a Virus
e fixenme coleguita do home que ía ao lado,
pero ti punki-mallas Stradivarius
IGNORASME como o do bar antes citado!
Horribel sentimento de culpabilidade por non facer as cousas ben e cando toca. Nove da mañá, post ubriaca, de reenganche e co lapis como reloxos húmidos dirixome á UXA despois de ser abandonada (llu nou ai lo viu) por unha Oreo Bañada. Un suspiro. Solventando solventando arrímanse as 11 da mañá e eu sigo vagando por Compostela, novamente sobre pedras gris-mollado, xa con menos remordementos.
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet