lunedì 20 novembre 2006

Sete tipos de branco

Hoxe ulín algo que nunca antes entrara nas miñas pituitarias, así que aínda non estou morta, queda vida se a gama non se agota.
De pequena soñaba con inventar unha nova cor, algo inimaxinable que non fose producto de combinacións senón unha verdadeira revolución. Despois descubrín que o noso ollo ten unha capacidade limitada, e que só podemos diferenciar X cores porque biolóxicamente non estamos preparados para máis.
Agora só soño cunha verdadeira revolución,
aínda que os esquimós diferencien sete tipos de branco.

Nessun commento:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet