sabato 16 dicembre 2006

Tamén hai contos tristes

Da túa mirada a min érguese inmoral un mundo tremendo de pedra,
gris, que non se deixa vencer nin persuadir.
e eu, desfágome. Pasou tanto e tanto quedou atrás que case non podo pensar en todo o que esquecín, intres que imaxinei que eras
e ti, eras o que eu quería e pedíate cun sorriso cómplice.
Perdín tempos e cardinais,
Agora minto porque sei q es certo, que tes tacto, que as miradas terían resposta,
e só os tolos considerarían a miña cordura,
Por iso só son capaz de evitar todo razoamento e calar, agora
sei que te prefería no maxín, ou cun diferente guión e preferiría non saber.
Escribiríate vermello e non te podo escribir.

1 commento:

Caufield ha detto...

os príncipes sempre acaban indo con noxentas irmás presumidas e non coa Cenicienta :D
o conto está mal pero quédanos cantar as bandas sonoras das películas por Mazarelos camiño ao Maycar
non sei que dicirche....
Bo Ano
Quérote
:D

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet