lunedì 3 settembre 2007

Lo malo es ni darse cuenta

Todo volve a Compostela, de xeito reiterativo e improbablemente orixinal
nós trouxemos o sol do Miño,
empapado en aires do sur, que como cada ano, alguén vai pescar na beira con Portugal

Portugal é máis chá, e non hai casas con vivos, hai casas baleiras e anuncios de súper bock,
iso seino, porque toda verdade é relativa

Así, é relativo ou reiterativo, que como cada ano cheguen os estudantes a Compostela, a golpe de intentonas académicas por aprobar un puto exame que no seu momento tería que telo levado a comisión, como os outros 51.

É máis ou menos parcial, porque desta eu non marchei, e levo dous meses atrapada entre a pedra e o sol. Entre as ganas de marchar e o síndrome de Estocolmo. Entre as ansias e a pasividade de que chegue a min iso que agardo aínda que non teño moi claro que quero que chegue

Unha mirada solta, un sorriso na rúa. Boto de menos o que aínda non perdín. Pero añoro algo que nunca tiven e soíña imaxinei.

E se fico, que? Tardes na Quintana? Tardes coa Lidia escribindo con cores en folios en branco. Escribindo todo o día en pantallas en branco con liña de crédito. Paseando con Xela e a súa bici? Que pasa se fico? Acaso o fago porque non sabería marchar?

Medo teño, pero asústanme tamén as pantasmas de Santiago. As que se agochan entre as mesas da biblioteca, e nos bares pola noite, e nas rúas de madrugada. Porque ao final sempre somos os memos, e xa vou tendo ganas de que, de improviso, alguén me pregunte, a ti que che gusta facer?

2 commenti:

Raposo ha detto...

"Lo malo es ni darse cuenta": título dunha canción de Rosendo, cousa que lóxicamente non ten nada que ver.
Fermoso e interesante blog este que atopo hoxe por casualidade.

Unknown ha detto...

de paso pola cova do raposo, atopoche e a cousa e sinxela: a ti, ¿que che gusta facer?
fora bromas, o peor e que te das conta, senon todo seria mais doado. as veces gustariame a vida dos cans, comer, durmir, xogar, atopar unas caricias, durmir, comer... e non ser consciente do paso do tempo.

un saudo e vemonos nos bares, coma sempre

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet