Chegan épocas de drama desmesurado alá polo Deza .Porcos, porquiños e porcas degollagos. Caldeiros de callos, grelos, patacas, chourizos, tenreira, garbanzos e por suposto coxo, moito porco cebado (nos pratos digo).
Axudádeme a salvar a Humphrey e Bogart. Rescateinos dunha granxa lalinense hai agora uns meses. Dádelles cariño e unha mazá. Gústanlle os froitos sensibéis ao tempo. Pero nada de botarlles auga nin tirarlles do rabo, que se poñen tolos. E por suposto, mantede o segredo ou de contado chegará a patrulla de carrozas, charangas e comparsas, para levalos con eles como se da mesmísima Santa Compaña se tratase!
mercoledì 24 gennaio 2007
Iscriviti a:
Commenti sul post (Atom)
2 commenti:
Moi bo o blog, querida María. Non fai falta que cho diga, pero escribes como os anxos. Segue así.
ei!a min o teu alcalde regaloume unha caixa que fara as delicias do meu pai no entroido!mi má!
Posta un commento