Monólogo en Ultreia, máis alá da materia prima
-hoxe que?.hoxe disimulo que sigo akí.
e fago cos meus dedos espirais confusas
tiradas de cor
mentres o abatemento invade as poucas ganas que teño de aprender o sentido da "producción de noticias", que chegado un punto, xa me da igual
apégaseme o vestido
fulmíname a suor
teño as pernas tapizadas co sofa e a computadoramm kéceme o resto do corpo
todo se cuestiona, acostumados a valorar, a poñer en trámites os nosos actos
hoxe todas choran e eu non entendo que nos pasa
porque, non chegamos ao ocaso, estamos no punto de partida
nerviosos polas circunstancias, iso sí
porque temos demasiadas asignaturas que cumprir, e non resistimos a nosa capacidade a autodestrucción
cuestión de incertidume
é obvio
que contribúo incesantemente ao caos
pero isa foi a xénese
fagan vostedes o mesmo,
eskiven as explicacións con "pores" e "paras"
e disfruten dos seus pecados
porque hai pecados que non se deben desperdiciar
se cadra mañá todo isto é unha historia que contar
(A Chabe sáeselle unha zapatilla mentres canta e eu repito, I heard there was a secret chord, that David played and pleased the lord, e como sempre, invento letra)
lunedì 27 agosto 2007
Iscriviti a:
Commenti sul post (Atom)
Nessun commento:
Posta un commento