mercoledì 29 agosto 2007

Aviso, tengo un alma cargada

Veleno non é nada:
-veleno é todo-
depende da dose.

lunedì 27 agosto 2007

Cuestión de incertidume

Monólogo en Ultreia, máis alá da materia prima

-hoxe que?.hoxe disimulo que sigo akí.
e fago cos meus dedos espirais confusas
tiradas de cor
mentres o abatemento invade as poucas ganas que teño de aprender o sentido da "producción de noticias", que chegado un punto, xa me da igual

apégaseme o vestido
fulmíname a suor
teño as pernas tapizadas co sofa e a computadoramm kéceme o resto do corpo

todo se cuestiona, acostumados a valorar, a poñer en trámites os nosos actos
hoxe todas choran e eu non entendo que nos pasa
porque, non chegamos ao ocaso, estamos no punto de partida
nerviosos polas circunstancias, iso sí

porque temos demasiadas asignaturas que cumprir, e non resistimos a nosa capacidade a autodestrucción

cuestión de incertidume
é obvio
que contribúo incesantemente ao caos
pero isa foi a xénese

fagan vostedes o mesmo,
eskiven as explicacións con "pores" e "paras"
e disfruten dos seus pecados
porque hai pecados que non se deben desperdiciar


se cadra mañá todo isto é unha historia que contar

(A Chabe sáeselle unha zapatilla mentres canta e eu repito, I heard there was a secret chord, that David played and pleased the lord, e como sempre, invento letra)

venerdì 24 agosto 2007

Ondas do mar de Vigo... a resaca é dura

Marchades todas
Vera: New York (looking for Kevin Brown e cinsas dun puro en Wall Street)
Ale: Liverpool (red boys) e logo A Cruña (meu deus!)
Paula: París (je ne parles pa Fracés!)
Jacinta: Berlín e Río (Jío para os de alí)
Rakel: Barna (con ou sen min?)
Belémmm: Praha (ireite ver superando a miña fobia ao frío)
María: Grecia (ireite ver superandoa miña fobia ao mar)
Adela e Barbi: La France (ao mellor debería ir tomando unhas clases...)

E a min, realmente, non me importa irme ou kedar, pq sei q o ke hai fora é bo, pero o que keda akí tamén é xenial. Só kero q Compostela se expanda e chegue ata alí onde esteades vós, pq as fronteiras poñemolas nós.

mercoledì 22 agosto 2007

onte foi así

cada unha das teklas que acabo de pulsar arrancóume unha pegada que acabará por emborronarse.

demasiados detalles dos que non somos conscientes ao longo dun día, cando te queres dar conta podes ter un peixe derretido na mochila ou estar berrándolle a unha loira de rizos que os lentes fashion que acaba de mercar quédanlle moi ben.

Cousas, xa o dixo alguén

martedì 21 agosto 2007

hoxe: epilepsia bipolar

Chega chega chega..........chegou
mmmm de incertidume, e agora que

variables, variabeis, posibilidades

tanto por decidir, levo billete de ida, séneca,
pero ninguén me pregunta pola volta

onde, cando, porqué

quen? eu
como? de momento coma sempre, tola (rara, orixinal)

As pedras de compostela, as murallas cara o ceo
o Sar, o mar
(nunca vin o sar) (e a auga está fría)

O Condado? O Avante en Portugal?

Barcelona? Calquera outra opción?

Dor de enxibias, dor intestinal dos nervios.

Recomeza, reinicia, sen punto final. Agardo saber algo, agardo por fin deixar de agardar
e esquecerme dos pés de funambulista.

lunedì 13 agosto 2007

Cada día véxoo tomando un café
só, ou se cadra non

en Cervantes e eu observando


se cadra nós somos os únicos senlleiros, solitarios, chamádelle como vexades
o diánostico non varía segundo a denominación

Tolo?

Tola quixer ser eu, ser tolos
estar vivos
saber pensar e crer

e ninguén ocultará nunca a súa mirada, porque el non entende
a min mentres míranme de esguello
con descaro

a pregunta é doada. cal é opción é se é k a hai

domenica 12 agosto 2007

Bucles

áO fin Ao cabo
todo é un tremendo bUcle.

e eu aí, in the mIddle of the street,
like always,
facendo nada, deixando o tempo pasar.

agardándovos.

agardándotE (aínda que non te coñeza, e non te queira coñecer)

e vai e vén.
unha guerra fría interior.


...cuestionémonos...
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet